Dessau

Dessau

Cidade do land de Saxonia Anhalt, Alemaña, á beira do río Mulde, preto da confluencia co Elbe (103.200 h [1991]). Desde mediados do s XIX desempeñou un importante papel como centro de innovación industrial, polo que se converteu na terceira cidade máis importante do land despois de Halle e Leipzig. A rexión experimenta desde os anos noventa un forte proceso de reconversión e privatización. A maior parte da poboación activa está empregada no sector terciario, ao que lle seguen en importancia a industria, o comercio e a construción. Do seu patrimonio cultural destaca o edificio da Bauhaus de Walter Gropius, onde estivo instalada a escola entre 1925 e 1930.