Destino, Ediciones

Destino, Ediciones

Editorial fundada en 1942 en Barcelona polo grupo da revista que levaba o mesmo nome. Dende 1996 forma parte da editorial Planeta. Especializada na edición de obras de autores da posguerra, divide a súa produción en castelán nas coleccións: “Áncora y Delfín”, “Clásicos contemporáneos”, “Ensayos Destino”, “Obras varias”, “Grandes libros ilustrados”, “Arte”, “Destinolibro” e “Biblioteca Destino”. En 1946 comezou a publicar obras en catalán nas diversas coleccións: “El Dofí”, que desde 1969 inclúe o Premio Josep Pla, “L’Ancora”, “El Trident” e “Sunion”. Convocou a primeira edición do Premio Nadal en 1944. Galardón que lle foi concedido a Álvaro Cunqueiro con Un hombre que se parecía a Orestes (1968) e a Alfredo Conde con Los otros días (1991). Tamén presenta o Premio Destino-Guión e, desde o ano 1981, o Premio Apel.les Mestres de literatura infantil e xuvenil ilustrada.

Palabras veciñas

destinguir | destino | Destino | Destino, Ediciones | destinxir | destitución | destituído -da