desviación
(< desviar)
-
s
f
Acción e efecto de desviar ou desviarse.
Sinónimos: desvío. -
s
f
Camiño que colle unha dirección diferente á do camiño ou estrada principal.
Ex: Para chegar á súa casa tes que coller unha desviación á dereita. Fixeron unha desviación da estrada para que puidesen pasar os coches.
Sinónimos: desvío. -
s
f
Comportamento ou conduta que se aparta do que se considera normal, especialmente dende o punto de vista social ou sexual.
-
s
f
[ASTRON]
Ángulo que forma a agulla náutica co meridiano magnético.
-
s
f
[TRANSP]
Disposición dos carrís nunha bifurcación que supón o cambio de vía dos trens, de xeito que o tren marchará tan seguro pola vía desviada coma pola vía dereita. A posición das agullas, que se poden mover lateralmente para unir os carrís ou para separalos, determina que o tren vaia por unha ou por outra vía.
Sinónimos: desvío. -
s
f
[MAR]
Efecto que causa a masa metálica dunha nave na agulla imantada do compás.
-
[MAT]
-
s
f
Termo utilizado en estatística que serve para designar que un dato, curva estatística ou elemento, non concordan co termo medio ou coa maioría.
-
desviación estándar/típica
Raíz cadrada positiva do valor da variancia dun conxunto de n datos estatísticos x 1 , x 2 ,...,x n . Represéntase normalmente por σ, e é unha media da variabilidade dunha distribución ao redor da media aritmética x.
-
desviación media
Esperanza matemática en valor absoluto da diferencia entre unha variable aleatoria e a súa mediana. Se a mediana de n medidas da variable x é x~ entón a súa desviación media é
FORMULA
-
s
f
-
s
f
[PAT]
Dirección anormal dunha parte ou dun órgano do corpo, especialmente dos ósos.
-
s
f
[TECNOL]
En modulación de frecuencia, incremento máximo, positivo ou negativo, da frecuencia a partir do valor central da frecuencia portadora sen modular. O valor da desviación nos sistemas FM adoptados en Europa e en América é de ±75 kHz. A relación entre a desviación e a frecuencia modular chámase índice de desviación ou de modulación.
-
desviación á esquerda
[PAT]
Aumento anormal no sangue de neutrófilos hiposegmentandos, inmaturos ou novos. Pode ser leve, moderada ou marcada, dependendo da etioloxía e severidade do proceso patolóxico. Isto reflíctese na fórmula leucocitaria, que é a proporción porcentual de leucocitos.
-
desviación de poder
[DER]
Exercicio de potestades por parte dun órgano da Administración pública para satisfacer unhas finalidades distintas das que establece o ordenamento xurídico. Os actos que se producen deste xeito son anulables a instancia da parte interesada ou prexudicada. O fin xeral de actuación da Administración pública é o servizo con obxectividade dos intereses xerais. Para que exista desviación de poder non é necesario que os móbiles da actuación administrativa sexan ilícitos ou se utilicen en beneficio propio, abonda con que se distorsione o fin concreto de interese xeral que a norma impón.
-
desviación do complemento
[BIOL]
Fenómeno que demostra que o complemento ten capacidade para unirse coas células sensibilizadas pola adición de doses crecentes de anticorpos sensibilizantes.