desvío

desvío

(

  1. s m

    Acción e efecto de desviar ou desviarse.

    Sinónimos: desviación.
  2. s m

    Camiño, vía ou canal que deriva doutro principal.

    Ex: Collín o desvío para a autoestrada.

    Sinónimos: desviación.
  3. s m [TRANSP]

    Disposición dos carrís nunha bifurcación que supón o cambio de vía dos trens.

    Sinónimos: desviación. Confrontacións: agulla.
  4. s m [LIT]

    Transgresión das normas e das convencións polas que se rexe o uso ordinario da lingua na procura dunha expresión anovadora. Considérase un dos trazos fundamentais para caracterizar a lingua literaria fronte á de uso común. Pode darse no nivel fónico, léxico, morfosintáctico e semántico. O termo corresponde á crítica contemporánea, pero o concepto remóntase aos tratados da retórica clásica greco-latina.