deterioración

deterioración

(

  1. s f

    Acción e efecto de deteriorar ou deteriorarse.

    Ex: A deterioración deses edificios débese á chuvia e ó vento. A partir daquela discusión a súa amizade sufriu unha gran deterioración.

  2. s f [ALIM]

    Evolución dun alimento que o leva a non ser aceptable para o consumo humano. A inadecuación para o consumo pode deberse a reaccións puramente químicas entre os seus compoñentes, a reaccións catalizadas polos mesmos enzimas, a unha proliferación de microorganismos, a unha contaminación por insectos ou por roedores ou a unha perda da textura característica polo cambio no contido da auga.

Palabras veciñas

detentor -ra | deter | deteriorable | deterioración | deteriorado -da | deteriorante | deteriorar