determinado -da

determinado -da

(

  1. p reg

    de determinar ou determinarse.

  2. adx

    Que se indica con precisión e claridade.

    Ex: Utiliza un tipo determinado de roupa. O veterinario vén pola aldea determinados días á semana.

  3. adx

    Que ten decisión para facer algo.

    Ex: É un rapaz tan determinado que non parou ata conseguilo.

  4. adx e s m [LING]

    Aplícase ao elemento que, na determinación, se completa con outra unidade. O elemento determinado adquire, desde o punto de vista da significación, unha especificación concreta, achegada polo determinante.

  5. artigo determinado [LING]

    artigo.

Palabras veciñas

deteriorar | determinable | determinación | determinado -da | determinador -ra | determinante | determinar