determinar

determinar

(

  1. v t

    Establecer os termos ou límites dalgunha cousa.

    Ex: O primeiro capítulo determina o ámbito de estudo da disciplina.

    Confrontacións: delimitar, designar, precisar.
  2. v t
    1. Establecer ou expresar algo de maneira precisa.

      Ex: Os periodistas pedíronlle que determinase cál era a súa postura en relación ó tema.

      Confrontacións: sinalar, fixar.
    2. Indicar ou chegar a coñecer con precisión por medio dunha investigación, cálculo ou razoamento.

      Ex: Os químicos determinaron as cantidades que teñen que levar estes compostos.

      Confrontacións: calcular.
  3. v t

    Chegar a unha decisión.

    Ex: Onte determinou marchar un ano a Inglaterra para aprender inglés. Na última reunión determinamos a data do exame.

    Confrontacións: acordar, decidir, resolver.
  4. v t

    Ser unha cousa a causa ou motivo de algo.

    Ex: A inestabilidade política determinou a súa saída do país.

    Sinónimos: motivar, ocasionar.
  5. v t

    Inducir unha cousa a alguén a actuar de determinada maneira.

    Ex: As boas notas nos exames determinárono a seguir cos seus estudios.

    Confrontacións: motivar.
  6. v t [DER]

    Indicar unha autoridade, lei ou orde o que ten que facerse ou como deben facerse certas cousas.

    Ex: A Constitución determina que todos somos iguais, sen distinción de raza ou de cor.

    Sinónimos: dispoñer.
  7. v t [LING]

    Asociar un determinante a un substantivo para precisar circunstancias da súa significación.

  8. v t [BIOL]

    Formar xuízo das características e límites das distintas categorías taxonómicas.

  9. v t [BIOL]

    Estudiar un ser vivo para asignalo ás categorías taxonómicas que lle corresponden, como a familia, o xénero e a especie.

  10. v pron

    Tomar unha resolución ou decisión.

    Ex: Determineime a seguir cando vin que non había máis candidatos.

Conxugar
VERBO determinar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determino
determinas
determina
determinamos
determinades
determinan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinaba
determinabas
determinaba
determinabamos
determinabades
determinaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinei
determinaches
determinou
determinamos
determinastes
determinaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinara
determinaras
determinara
determinaramos
determinarades
determinaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinarei
determinarás
determinará
determinaremos
determinaredes
determinarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinaría
determinarías
determinaría
determinariamos
determinariades
determinarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determine
determines
determine
determinemos
determinedes
determinen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinase
determinases
determinase
determinasemos
determinasedes
determinasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinar
determinares
determinar
determinarmos
determinardes
determinaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
determina
-
-
determinade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinar
determinares
determinar
determinarmos
determinardes
determinaren
Xerundio determinando
Participio determinado
determinada
determinados
determinadas