fixar

fixar

(< fixo)

Nome científico: [d p: fixado, fixo]
  1. v t

    Asegurar ou suxeitar unha cousa a outra.

    Ex: Inda que estaba prohibido fixaron os carteis na parede.

    Confrontacións: apegar, chantar, cravar, espetar, pegar, pegar.
  2. v t
    1. Facer que algo sexa estable ou inalterable.

      Ex: Fixáronme o peiteado coa laca. Claudia fixa os seus debuxos de carbón cun líquido fixador.

    2. Facer que algo sexa duradeiro ou definitivo.

      Ex: Fixaron o seu domicilio en Vigo. Fixou para sempre aquela imaxe na súa retina.

  3. v t

    Determinar algo de forma exacta e precisa.

    Ex: Esta semana fixaron a data do exame. Aínda non están fixadas todas as normas desa lingua.

    Confrontacións: definir, establecer.
  4. v t [CONSTR]

    Introducir morteiro nas xuntas das pedras, cando estas están calzadas, formando así un paramento.

  5. v t [CONSTR]

    Colocar as bisagras e axustar as portas e ventás aos marcos xa fixados ao muro nos seus vans.

  6. v pron

    Centrar a atención ou a mirada en algo ou alguén.

    Ex: Ó pasar pola ponte de Rande sempre me fixo nas cores do mar. Fixouse nesa moza desde que a coñeceu.

    Confrontacións: observar, reparar, atender.

Palabras veciñas

fixación | fixado -da | fixador -ra | fixar | fixativo -va | fixeza | Fixi
Conxugar
VERBO fixar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixo
fixas
fixa
fixamos
fixades
fixan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixaba
fixabas
fixaba
fixabamos
fixabades
fixaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixei
fixaches
fixou
fixamos
fixastes
fixaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixara
fixaras
fixara
fixaramos
fixarades
fixaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixarei
fixarás
fixará
fixaremos
fixaredes
fixarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixaría
fixarías
fixaría
fixariamos
fixariades
fixarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixe
fixes
fixe
fixemos
fixedes
fixen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixase
fixases
fixase
fixasemos
fixasedes
fixasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixar
fixares
fixar
fixarmos
fixardes
fixaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
fixa
-
-
fixade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixar
fixares
fixar
fixarmos
fixardes
fixaren
Xerundio fixando
Participio fixado/fixo
fixada/fixa
fixados/fixos
fixadas/fixas