fixación

fixación

(< fixar)

  1. s f
    1. Acción de fixar ou fixarse.

      Confrontacións: determinación.
    2. [IND/ARTE]

      Transformación dos haluros de prata dunha película ou positivos non expostos en sales solubles. Trátase dunha etapa posterior ao revelado, ao baño de parada e ao branqueado.

    3. [BIOL]

      Técnica para conseguir a estabilización dun tecido ou dun organismo e conservar a súa estrutura orixinal, fixar a coloración e impedir a putrefacción por causa dos microorganismos. A fixación pode ter lugar mediante desecación, calor ou fixadores.

  2. s f
    1. Idea fixa e obsesiva.

      Ex: Tiña unha fixación con aquel asunto que non o deixaba nin durmir.

      Confrontacións: obsesión.
    2. [PSIC]

      Establecemento, por reiteración, dun hábito motor susceptible de retención.

    3. [PAT]

      Adhesión da líbido a unha persoa, a un obxecto ou a un estadio do desenvolvemento psicosexual.

  3. s f [DEP]

    Dispositivo mecánico, composto de dúas partes (ancoraxe de punta e de talón), empregado para suxeitar a bota ao esquí. A maioría das fixacións son automáticas, que se caracterizan polo feito de que cando a bota se move subitamente, no caso dun golpe ou unha caída, unha ou outra ancoraxe, ou as dúas ao tempo, se abren e liberan a bota do esquí.

  4. s f [LING]

    fosilización.

  5. fixación de complemento [MED]

    Proba empregada para o diagnóstico de diversas enfermidades infecciosas -como o tifo, a brucelose, as gonococcias, os quistes hidatídicos e a sífilis-. Fundaméntase na absorción (fixación) e na inactivación do complemento polo complexo antíxeno-anticorpo. A presenza ou ausencia do complemento como o elemento libre é un indicador da formación deste complexo antíxeno-anticorpo.

  6. fixación do texto [LIT]

    Establecemento crítico dun texto seleccionando as mellores variantes dos manuscritos que se consideran propias do orixinal.

Palabras veciñas

fiúza | Five Architects | fixa | fixación | fixado -da | fixador -ra | fixar