resolver

resolver

(

  1. v t
    1. Dar solución a algo.

      Ex: Resolveu o asunto con moita diplomacia.

    2. [MAT]

      Dar solución a unha ecuación ou a un sistema de ecuacións ou inecuacións.

  2. v t

    Emitir unha decisión sobre algo que se expresa.

    Ex: Resolvín deixar o traballo.

    Sinónimos: decidir.
  3. v t

    Dividir un composto nas súas partes elementais para analizalas.

  4. v t [MED]

    Facer que cure algo espontaneamente e sen dor.

  5. v i

    Emitir unha decisión sobre algo.

    Ex: O xuíz resolveu no seu favor.

  6. v pron

    Solucionarse un problema.

    Ex: Así non se resolverá o problema da seca.

  7. v pron

    Decidirse alguén a facer algo.

    Ex: Resolveuse a chamalo por teléfono.

  8. v pron

    Transformarse unha cousa noutra de menor entidade.

    Ex: Todo se resolveu nun pequeno enfado.

Palabras veciñas

resoluto -ta | resolutorio -ria | resolvente | resolver | resón | resonancia | resoquina