Detmold

Detmold

Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada á beira do río Werra (69.300 h [1990]). As súas actividades económicas estiveron relacionadas tradicionalmente coas funcións administrativas. O escaso desenvolvemento industrial produciuse a finais do s XIX, grazas á conexión da cidade coa rede ferroviaria. As actividades terciarias dominan sobre a industria, sobre todo o comercio e o turismo.