Deus Ramos, João de

Deus Ramos, João de

Poeta portugués. En Coimbra estudiou dereito e comezou a prepararse en avogacía e xornalismo, estudios que continuaría en Beja, Évora e en Lisboa. Cultivou unha poesía simple e popular, de temática amorosa, contra os excesos do romanticismo final. Da súa produción destaca Cartilha maternal (1876), método de lectura para nenos, e a colección de poemas Campo de flores (1893), editada por Teófilo Braga.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : São Bartolomeu de Messines, Faro

  • Deceso

    Lugar : Lisboa