Deventer

Deventer

Cidade da provincia de Overijssel, Países Baixos, na beira do río Ijssel (68.004 h [estim 1992]). O sector industrial constitúe a base da súa economía, principalmente a metalurxia, as químicas, as construcións mecánicas e os pequenos estaleiros. Conserva unha igrexa románica.