Devesa, Santalla da
Igrexa parroquial situada en Ribadeo. Construída no s XVI. Ten planta de cruz latina e nela destacan os brazos desiguais do cruceiro. A nave cóbrese con bóveda de aresta e o cruceiro con bóveda de crucería. O pórtico do muro dereito soporta catro columnas dóricas. No interior destacan cinco retablos: o maior é neoclásico (s XIX) e ten un baldaquino levantado por catro columnas corintias coa imaxe de santa Baia no centro, o do brazo dereito do cruceiro é barroco, con influencias rococós e ten, ao seu carón, unhas táboas de indulxencias de 1787, e o do muro dereito da nave e o do brazo esquerdo do cruceiro son barrocos. A fachada principal consta dun arco escarzano e dunha torre de dous corpos rematada por unha cúpula semiesférica. Sobre a sancristía sitúase a espadana dun só corpo.