Devos, Prosper Henri

Devos, Prosper Henri

Escritor e xornalista. Colaborador en diferentes xornais e revistas, como Le Tirse, Société Nouvelle, La Vie Intellectuelle ou La Revue de Belgique, foi correspondente de L’Etoile Belge en Galicia. Nesta última publicación escribiu numerosas crónicas e artigos que agrupou co nome de “Cartas de Galicia”, e que lle servirían como introdución da súa obra Un jacobin de l’An CVIII (Un xacobino do ano 108, 1913); nelas, e dende unha óptica persoal, ofrece datos sobre os costumes e as xentes do país. Publicou tamén Monna Lisa.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bruxelas

  • Deceso