devotio*
devotio*
s
f
[HIST]
Pacto ou forma de clientela militar frecuente entre os romanos, e especialmente entre os íberos, pola que o cliente ou devoto lles ofrecía a súa vida aos deuses mediante un xuramento a cambio da do seu patrón ou xefe militar en perigo. No caso de que o xefe morrera, o cliente tiña que suicidarse.