Dewey, Melvil
Biblioteconomista. Traballou como bibliotecario no Amherts College (1874-1876), onde estableceu as bases do seu Sistema de Clasificación Decimal; logo, na Columbia College (1883-1889) e, posteriormente, asumiu a xefatura da Secretaría da University of New York (1889-1899), ao tempo que dirixiu a Biblioteca do Estado de Nova York en Albany ata 1906. En 1876 fundou a Asociación Americana de Bibliotecarios (ALA) e foi un dos membros que estableceron o American Library Journal no mesmo ano. Constituíu as primeiras escolas de preparación de bibliotecarios e destacou tamén polo seu papel na reforma da ortografía. O Sistema de Clasificación Decimal baseábase na división do coñecemento en dez campos fundamentais, designados cada un deles por números arábigos, do 0 ata o 9. As categorías principais subdividíanse en outras dez subclases, e así sucesivamente e de xeito ilimitado, de maneira que as anotacións estaban formadas por series de números arábigos pero cun valor decimal, que se agrupaban de tres en tres mediante unha separación por puntos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Adams Center, Nova York -
Deceso
Lugar : Lake Placid, Nova York