dexeneración
(< lat degeneratĭone)
-
s
f
Acción e efecto de dexenerar.
Confrontacións: corrupción, depravación. -
s
f
-
[PAT]
Cambios producidos nas células, tecidos ou organismos que se manifestan polas modificacións da estrutura morfolóxica, física ou química. As causas principais da dexeneración son a hipoxia, os axentes tóxico-infecciosos, os trastornos metabólicos e enzimáticos ou os déficits nutritivos. A dexeneración pódelles afectar ás células ou á substancia intercelular. As lesións predominantemente celulares son trastornos do metabolismo hidromineral, do metabolismo dos lípidos, do metabolismo dos glícidos e trastornos por acumulación de pigmentos. As lesións que lle afectan á substancia intercelular producen a aparición de moco e graxa, así como o depósito de substancias estrañas. Segundo estas substancias, distínguense a dexeneración hialina, a dexeneración amiloide e a dexeneración mucoide.
-
[BIOL]
Redución ou perda dun órgano ao longo da evolución, como sucedeu, por exemplo, co apéndice cecal dos humanos.
-
[PAT]
-
[FÍS]
-
s
f
En mecánica cuántica, propiedade dun valor propio dun observable, segundo a cal hai diferentes estados característicos do observable que teñen por valor propio o considerado. A dimensión do subespacio de vectores característicos con valor propio a é a multiplicidade ou dexeneración de a.
-
s
f
Propiedade dunha magnitude física pola que para cada un dos valores que toma esta magnitude é posible encontrar diversos estados diferentes.
-
dexeneración accidental
Dexeneración da enerxía dalgúns sistemas dinámicos que resulta da forma particular do potencial ao que son sometidos, como é o caso do átomo de hidróxeno e do oscilador harmónico tridimensional.
-
dexeneración da enerxía
Propiedade dun sistema pola que hai diferentes estados que teñen a mesma enerxía. O número de estados dun destes niveis de enerxía é a dexeneración do nivel.
-
s
f
-
dexeneración hepatolenticular
[PAT]
enfermidade de Wilson.
-
dexeneración macular
[PAT]
Trastorno progresivo do tecido retiniano correspondente á mácula lútea. Prodúcese por unha descomposición parcial da capa illante entre a retina e a coroide, e comporta unha diminución da agudeza visual por perda da visión central, mentres que os campos periféricos se manteñen. É máis común en persoas de idade avanzada e considérase un proceso da idade.
-
dexeneración mental
[PAT]
Debilitamento da intelixencia e da consciencia, debido ou non a unha causa orgánica, que pode producir tamén transtornos volitivos e afectivos.