dextroxiro -ra
dextroxiro -ra
(< dextro- + lat gyru ‘xiro’)
-
adx
[QUÍM]
Aplícase a aquela substancia que desvía o plano de luz polarizada cara á dereita no sentido das agullas do reloxo. Por convención, aceptouse representalo coa forma (+).
-
adx
[ESCR]
-
Aplícase á escritura que vai de esquerda a dereita, como a grega e a latina.
-
Aplícase á escritura inclinada cara á dereita, en oposición á sinistroxira.
-
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase ao brazo que se dirixe do lado dereito do escudo cara ao esquerdo e mostra o cóbado.