Dez Anos, guerra dos
Dez Anos, guerra dos
Conflito bélico que tivo lugar en Cuba (1868-1878), orixinado por un movemento nacionalista que reclamaba a independencia da illa e o final da explotación colonial española. Os grupos nacionalistas, dirixidos por Carlos Manuel Céspedes, pronunciáronse o 10 de outubro de 1868 (Grito de Yara). Non obstante , o levantamento non tivo apoio unánime e o movemento dexenerou nunha guerra de guerrillas. As accións sucedéronse durante dez anos ata que o xeneral Martínez Campos sufocou momentaneamente o movemento e asinou a Paz de Zanjón.