Deza-Terrer, paz de
Deza-Terrer, paz de
ou paz de Terrer Acordo asinado en Deza, preto de Soria, e en Terrer, preto de Calatayud, os días 13 e 14 de maio de 1361, entre Pedro I de Castela e Pedro IV de Aragón, que intentaba poñer fin á Guerra dos Dous Pedros. Acordaron a restitución das prazas ocupadas, a liberación dos prisioneiros e a remisión ao legado do preito sobre Alacant e Almazán.