Di Stefano, Giuseppe
Tenor italiano. Estudiou con Adriano Tocchio, Luigi Montesanto e Mariano Stabile e debutou o 20 de abril de 1946 en Reggio Emilia no papel de Des Grieux, de Manon Lescaut de Massenet. Entre os anos 1944 e 1945 participou en diversos programas radiofónicos de Radio Lausanne. Cun rexistro vogal moi expresivo e elegante, formou un amplo repertorio italiano, romántico e verista no que destaca a súa interpretación de Cavaradossi de Tosca. O 15 de marzo de 1947 debutou na Scala de Milán con Manon, o 25 de febreiro de 1948 no Metropolitan Opera House con Rigoletto, en 1957 no Festival de Edimburgo no papel de Nemorino, de L’elisir d’amore, e no Covent Garden en 1961 como Cavaradossi. Deu concertos por todo o mundo e na década dos setenta formou parella con Maria Callas nunha serie de recitais. Da súa discografía destacan Guiseppe di Stefano: Gala-Konzert, Guiseppe di Stefano: Historical Recording 1952-1963, Guiseppe di Stefano: il nostro concerto, Guiseppe di Stefano Sings Neapolitan Songs, Guiseppe di Stefano: torna a surriento e Maria Callas/Guiseppe di Stefano: Italian Opera Duets.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Motta Santa Anastasia