Dia, Mamadou

Dia, Mamadou

Político senegalés. Foi senador (1948-1955) e deputado na Asemblea Nacional francesa (1956-1959). Ocupou a presidencia do goberno autónomo de Senegal (1957-1959) e a vicepresidencia da Federación Malí (1959-1960). Ao disolverse esta, en 1960, converteuse no primeiro ministro do novo Senegal independente. En decembro de 1962 foi acusado de intento de golpe de estado e condenado a cadea perpetua, aínda que non a chegou a cumprir ao ser liberado en 1974. A partir de 1981 encabezou o Mouvement Démocratique et Populaire (MDP), de orientación socialista e contrario á confederación de Senegambia.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Khombole