Diabelli, Anton

Diabelli, Anton

Compositor e editor musical austríaco. Xunto con P. Cappi fundou a editorial Cappi & Diabelli e tivo a iniciativa de enviar un valse a cincuenta compositores, entre outros Liszt, Schubert e o fillo de Mozart, para que escribisen unha variación cada un deles. O resultado foi unha recompilación musical moi representativa do seu tempo: Vaterländischer Künstlerverein e as Variacións Diabelli opus 120 de Beethoven. Así mesmo, compuxo pezas didácticas para piano, sonatas e misas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mattsee

  • Deceso

    Lugar : Viena