diacrítico -ca

diacrítico -ca

(< grδιακριτικός ‘capaz dedistinguir’)

  1. adx

    Que serve para distinguir.

    Ex: Os elementos diacríticos axúdannos a diferenciar as propostas.

  2. adx [LING]

    Aplícase ao signo gráfico que indica algún tipo de modificación fonética. Son signos diacríticos, entre outros, o acento con función diacrítica (pór ‘poñer’/por ‘prep’), o til ortográfico (por exemplo, o signo ? sobre o n de uña para representar o son [?], fronte a [n] de noite), a diérese (sobre o ü indica, en galego, que nos grupos gue e gui se pronuncia a vogal u) ou os signos empregados na transcrición fonética (por exemplo, nasalización [?], velarización [?] ou dentalización [9]).

Palabras veciñas

diaconisa | diácono | diacrise | diacrítico -ca | diacronía | diacrónico -ca | díade