Diádoco de Foticé
Diádoco de Foticé
Bispo de Foticé, no Epiro. Atribúenselle catro obras: Sermón sobre a Ascensión do noso Señor Xesucristo, Visión de san Diadoco, Catequese e Cen capítulos sobre a perfección espiritual. Os Capítulos son unha serie de sentencias sapienciais que constitúen un auténtico manual de vida espiritual e ascética. A súa obra influíu nos grandes autores espirituais bizantinos así como no pensamento espiritual ruso, pero tamén influíu en Occidente por medio de santa Teresa de Xesús e Ignacio de Loiola, entre outros.