Diamantina
Diamantina
Cidade do estado de Minas Gerais, Brasil, situado ao NL de Belo Horizonte, drenado polo río Jequitinhonha (43.000 h [2000]). Destaca na súa economía o turismo e a extracción de diamantes, realizada polos garimpeiros de forma tradicional. O principal cultivo agrario é o algodón, que abastece varias fábricas de tecidos. O seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999.