Diana de Gales
Diana de Gales
Nome co que era coñecida Diana Frances Spencer, princesa de Gales. Filla de Edward John Spencer, oitavo conde de Spencer e de Frances Ruth Burke, filla do cuarto barón de Fermoy, casou co príncipe Carlos de Inglaterra o 29 de xullo de 1981, na catedral de Saint Paul (Londres). Adquiriu gran popularidade e traballou na defensa de diversas causas sociais, como a loita contra a SIDA ou pola desaparición das minas antipersoas. Divorciouse en 1996, e ao ano seguinte morreu nun accidente de tráfico ao intentar fuxir da prensa gráfica.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sandringham, Norfolk -
Deceso
Lugar : París