Diario de Santiago

Diario de Santiago

Publicación editada a partir do 1 de abril de 1808 en Santiago de Compostela. Cesou en xaneiro de 1809, coa chegada do exército francés á cidade. Editada por Manuel Mª de Vila, a partir de agosto de 1808 pasou a mans de Pedro Rey Romero, quen a imprimiu nos obradoiros tipográficos de Xoán Francisco Montero. En novembro dese mesmo ano editouse nos talleres de Manuel Antonio Rey. Incluíu novas da guerra contra os franceses e información do Batallón Literario. Foi substituído por El Patriota Compostelano.