Diatryma
Diatryma
[PALEONT]
Xénero de aves da orde das gruiformes, de 2,1 m de altura, patas fortes con grandes poutas, ás diminutas e vestixiais, cabeza enorme -coma a dun cabalo actual- e cun gran peteiro ganchudo. Esta ave rapaz foi unha das grandes depredadoras do seu tempo, no que non existían outros depredadores de gran tamaño, ao se extinguiren os dinosauros que asumían este papel. Propio de comezos do Eoceno, os xacementos máis importantes están en Europa e Norteamérica.