diaxénese

diaxénese

(< dia- + xénese)

s f [XEOL]

Conxunto de cambios físico-químicos sufridos polos sedimentos, sen alteración da súa composición mineralóxica, desde que se depositan ata que forman unha rocha coherente. As fases que se suceden son a compactación, a recristalización de minerais producida nos puntos onde hai menos presión e a cimentación, que enche os baleiros con materia de orixe secundaria, como a calcita, o óxido de ferro, os fosfatos e a sílice.

Palabras veciñas

diatreta | diatriba | Diatryma | diaxénese | diaxeotrópico -ca | diaxeotropismo | Díaz