Díaz de Bustamante, Joaquín María

Díaz de Bustamante, Joaquín María

Profesor. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1999 coa tese Problemas de aprendizaje en la interpretación de observaciones de estruturas biológicas con el microscopio. Profesor de didáctica das ciencias experimentais na Universidade de Santiago de Compostela, é subdirector da Escola Universitaria de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do departamento de didáctica das ciencias da USC dende o 2001. Foi membro do consello de redacción da revista ADAXE. Revista de estudos e experiencias educativas (1984-1997) e, desde 1994, membro do consello asesor de ALAMBIQUE. Didáctica de las ciencias experimentales. É autor de investigacións no campo da didáctica das ciencias experimentais sobre as ideas dos estudiantes e os problemas da aprendizaxe da bioloxía, en que destacan os seus traballos “El concepto de ser vivo en los diferentes niveles educativos: ideas de los alumnos de EGB, BUP y Magisterio” (Adaxe, 1992) e “Ves lo que dibujas? Observando células con el microscopio” (Enseñanza de las Ciencias, 1996). Tamén centra a súa investigación na análise do discurso das clases prácticas de laboratorio nos niveis secundario e universitario. Nesta liña cómpre destacar os seus artigos “Aprender ciencias, hacer ciencias: resolver problemas en clase” (Alambique, 1999) e “Communication in the laboratory sessions and secuences of arguments” (III Conference of European Reserchers in Didactic of Biology, 2001).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela