Díaz de Bustamante, José Manuel
Profesor e especialista en latín medieval e moderno. Licenciado en Filoloxía Clásica e doutor en Letras, é profesor titular de Filoloxía Latina na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou, ademais, os cargos de vicedecano da facultade de Filoloxía, decano en funcións da mesma facultade e External Examiner en Londres. Ademais de numerosas colaboracións en congresos e revistas especializadas no seu ámbito, é autor, entre outros, dos traballos El sueño en la épica latina: su función (1973), memoria de licenciatura; Draconcio y sus Carmina Profana: estudo biográfico, introdución y edición crítica (1978), tese de doutoramento; Comentario a las Bucólicas de Virgilio (1984); Instrumentum emblematicum (1992); Corpus historiographicum latinum hispanum saeculi VIII-XII: concordantiae curaverunt (1993), en colaboración con Manuel Enrique Vázquez Buján, Xosé Eduardo López Pereira e María Elisa Lage Cotos; Bibliografía de latín medieval en España (1950-1992) (1994), en colaboración con María Elisa Lage Cotos e Xosé Eduardo López Pereira; e Guía do fondo antigo de monografías da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela: literaturas hispánicas (séculos XV-XVIII) (2000), edición preparada e disposta en colaboración con Celia Couce Cachaza, María Virtudes Pardo Gómez e Daría Vilariño Pintos. Recibiu o Premio Nacional de Licenciatura, o Vítor de Prata ao Mérito Académico e o Premio Extraordinario de Licenciatura.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela