Díaz Fernández, Fernando

Díaz Fernández, Fernando

Psicobiólogo. Doutorouse en Medicina coa tese Epidemiología de la deficiencia mental. Situación en Galicia (1985). Profesor de psicobioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, centra o seu traballo na avaliación psicofisiolóxica de poboacións normais e clínicas (envellecemento normal e situacións senís ou atraso mental, e do proceso de envellecemento e demencias senís, atraso mental, trastornos da linguaxe). É autor de dous libros, en colaboración, e de artigos especializados publicados en revistas científicas, como International Journal of Psychophysiology, American Journal on Mental Retardation, Biological Psychiatry, Clinical Neurophysiology e Neuroreport. Membro de varias sociedades científicas españolas e internacionais e membro fundador e presidente electo dende o 2001 da Sociedad Española de Psicofisiología (SEPF, 1994). Recibiu o Premio de Investigación da Fundación PAIDEA (1994), Premio á Investigación 1995 en Ciencias e Tecnoloxía (1996), outorgado pola Deputación de Pontevedra, e Premio Xunta de Galicia 1995 ao mellor traballo publicado en revista científica na Área de Ciencias Sociais e Xurídicas (1996).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Monforte de Lemos