Díaz Fernández, Francisco Xavier
Militar e mariño. Marchou a Montevideo e, logo da sublevación, sumouse á causa independentista e integrouse no exército como subtenente (5.12.1812). Formou parte das forzas que sitiaron Montevideo e dirixiu as fortificacións e a instalación das baterías. Ascendeu a tenente de artillería durante o sitio (29.9.1813) e integrouse como capitán de artillería (31.3.1815) nas forzas do xeneral San Martín en Mendoza. Participou co exército dos Andes na Batalla de Chacabuco (12.2.1817) e no combate de Curapaligüe (4.4.1817). Desde o 31 de maio de 1817 dirixiu a primeira compañía do Terceiro Batallón de Artillería e á súa fronte tomou parte na Batalla de Maipú (5.4.1818). Pouco despois integrouse como capitán da corveta Chacabuco, na escuadra que creou o goberno chileno, e capturou as fragatas españolas Rosalía e Carlota, coas que chegou ao porto de Valparaíso o 22 de novembro de 1818. Pasou ao exército de Chile, por razóns de saúde, a finais de 1820.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Santiago de Chile