Díaz-Fierros Viqueira, Francisco

Díaz-Fierros Viqueira, Francisco

Edafólogo. Catedrático de Edafoloxía da facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudios no Laboratoire des Sols de Versailles (1966) e traballou no Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal do CSIC de Santiago de Compostela ata 1970. Colaborou en diversas revistas especializadas e xornais (La Noche, El Correo Gallego, Cadernos do laboratorio xeolóxico de Laxe, Boletín das ciencias e Nova acta científica compostelana) con artigos como “Comezos da ciencia moderna na Universidade compostelana” (1971), “El clima y la agricultura (1982), “Ciencia e técnica na Galicia da Ilustración” (1995) ou “O cambio climático” (1999). Colaborou no Mapa Nacional de Suelos (1:200.000), nos das provincias de Oviedo, Santander, León e Huesca, no Mapa Mundial de Solos da FAO (1:500.000) e no da zona húmida de España. Coordinador do volume As augas de Galicia (1996), publicou entre outras obras As especies forestais e os solos de Galicia: unha contribución ao estudo das súas relacións (1982), con R. Calvo de Anta e A. Paz González; Capacidad produtiva de los suelos de Galicia (1984), con F. Gil Sotres; e As concas fluviais de Galicia: características e riscos de contaminación difusa (1993), con A. Núñez Delgado e E. López Períago. Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e membro da Real Academia de Farmacia, recibiu o Premio Fray Bernardino de Sahagún (1973).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vilagarcía de Arousa