dición

dición

(

  1. s f
    1. Maneira de falar, pronunciar ou expresar un enunciado, en especial un discurso. Diferéncianse a dicción naturalista, que tenta emular unha expresión verosímil segundo o personaxe representado, e a dición artística, que potencia os artificios retóricos e dramáticos do discurso teatral á marxe de toda vontade realista.

    2. Arte de dicir, recitar ou falar con xusteza e coas maneiras axeitadas.

  2. figuras de dición [LIT]

    Figuras retóricas que actúan directamente sobre a expresión lingüística e poden afectar tamén ao sentido dos enunciados. Divídense en metaplasmos, que afectan ao nivel fónico, e metataxes, que inciden sobre a morfoloxía e a sintaxe.