Dicenta Benedicto, Joaquín
Escritor. Dirixiu a revista Germinal -na que publicaron, entre outros, Salmerón, Benavente, Baroja, Azorín e Valle-Inclán-, e colaborou en diversos xornais de ideoloxía liberal como El País ou El Liberal. En 1889, xunto con Ruperto Chapí, fundou a Sociedad de Autores. Actualizou a tradición do melodrama de costumes populares mediante a incorporación dun tratamento innovador da cuestión social. Da súa produción destacan El suicidio de Werther (1888), Los irresponsables (1890), Luciano (1894), Juan José (1895), El señor feudal (1896), El tío Gervasio (1899), Aurora (1902), Amor de artistas (1906), Daniel (1907), El crimen de ayer (1908) e Sobrevivirse (1913). Ademais, escribiu libretos de zarzuela como Curro Vargas (1898), xunto con Manuel Paso e música de Ruperto Chapí, Raimundo Lulio (1903), drama lírico en tres actos e un epílogo musicado por Ricardo Villa, e Entre rocas (1908), zarzuela musicada tamén por Chapí.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Calatayud -
Deceso
Lugar : Alacant