1 dicir
(
-
v t
Expresar algo por medio da linguaxe oral ou escrita. Na tradición oral recóllense ditos como: “Diga miña veciña e teña o meu fol fariña! Dígocho, filla; enténdemo nora. Dime con quen vés, e direiche as mañas que tes. Díxolle o pote á caldeira: tírate alá, non me lixes. Díxolle o touciño ao viño: ben veñades, meu amigo. Quen di o que non debe, oe o que debe.”
Ex: Propúxenlle ir ao cine e díxome que si. Na carta dicía que perdera todos os cartos.
Sinónimos: decer. -
v t
Transmitir algo por medio de xestos ou sinais.
Ex: Díxome coa cabeza que non quería vir.
Sinónimos: decer. -
v t
Facer saber, dar a entender ou tranmitir algo a través de certas manifestacións.
Ex: Que está canso xa o di a súa mirada. A min ese cadro non me di nada.
Sinónimos: decer. Confrontacións: denotar. -
v t
Emitir sons correspondentes a algo.
Ex: É difícil dicir esa palabra nese idioma. O neno dixo papá.
Sinónimos: decer, pronunciar. -
v t
Comentar ou murmurar de alguén ou de algo.
Ex: Tes que te portar ben para que non digan que es mala persoa. Diga o que diga a xente eu vou seguir indo ós mesmos sitios.
Sinónimos: decer. -
v t
Nomear ou chamar a alguén dunha determinada maneira.
Ex: Dicíanlle o “Cheas” porque bebía moito.
Sinónimos: decer. -
v t
Recitar algo.
Ex: O mestre facíaos dicir poesías dos autores que estudiaban.
Sinónimos: decer. -
v t
Celebrar o sacerdote a cerimonia da misa.
Ex: Hoxe dixo misa o cura novo.
Sinónimos: decer. -
v i
Ter unhas calidades determinadas.
Ex: Este mel di demasiado doce.
Sinónimos: decer. -
v i
Cos adverbios ben, mal ou semellantes, ser ou non adecuado algo, ou coincidir ou non unha cousa con outra.
Ex: Ese pantalón diche moi ben con esa blusa.
Sinónimos: decer.
Frases feitas
-
2 Falar de máis.
-
Alá llo dirán de misas. Indica que despois de morrer unha persoa pagará polas súas accións.
-
Dicir mentira para saber verdade. Mentir con proveito.
-
Moito vai dicir. Dar a entender que pouco importa o que diga outro.
-
1 Calar algo prudentemente.
-
1 Falar con gracia.
-
2 Non falar con franqueza.
-
Antes de que digan. Expresión que indica que é preferible falar dos demais antes de que falen dun.
-
Ben dixen eu. Ocorreu xustamente o que se predicira.
-
Coma aquel que di/Coma quen di. Expresa o alcance de algo.
-
Coma quen non di nada. Facer algo sen que se note.
-
Como dixo o outro. Fórmula que indica que se cita un dito popular.
-
Dar que dicir á xente/ó mundo/Dar que falar á xente/ó mundo. Ser motivo de comentario ou de escándalo.
-
Dicir algo coa boca /lingua pequena
-
Dicir amén de todo. Dar a aprobación a todo.
-
Dicir as cousas barba a barba/as cousas pan por pan/catro frescas/un evanxeo/oito verdades coma pan centeos. Dicirlle a alguén a verdade de algo.
-
Dicir contra si/un entre si/un para si. Falar para si.
-
Dicir de corazón. Falar con sinceridade.
-
Dicir e facer. Facer algo rapidamente.
-
Dicir misa. Saber moito dun asunto.
-
Dicir o seu e o alleo. Non gardar ningún segredo.
-
Dicir por dicir. Falar por non estar calado.
-
Dicir un par de palabras (palabriñas). Sermonear.
-
Dicir/falar o demo e a nai. Falar máis da conta.
-
Dicirlle a alguén cantas son cinco. Recriminalo.
-
Dicirlle/chamarlle as mil e unha. Insultar a alguén.
-
Diga a miña veciña e teña o meu fol fariña. Indica indiferenza ante o que dirán os demais.
-
Digo eu e non digo misa. Dicir unha realidade.
-
Dígocho eu! Expresión que amosa conformidade ou acordo con algo.
-
Dixo dunha ata un cento. Dicir alguén ofensas ou mentiras doutra persoa.
-
Dixo e non acabou. Refírese a aquel que falou durante moito tempo.
-
Dixo moito
-
É dicir/Quere dicir. Dito con outras palabras.
-
Non che digo nada! Indica sorpresa ou desagrado ante algo.
-
Non dicilo a xordos. Ser escoitado con atención por alguén.
-
Non dicir (nin) que si nin que non/Non dicir nin malo nin bo. Non dar opinión.
-
Non digo que non. Afirmar algo sen dicilo directamente.
-
Non llo direi a fillo de pai. Gardar un segredo.
-
Non o dicía por tanto. Restarlle importancia a algo que se dixo.
-
Non ter que dicir. Non ter nada que obxectar.
-
Polo que dirán. Expresión que indica respecto á opinión pública.
-
Por mellor dicir. Expresado dunha maneira máis clara.
-
Que diga(n) misa. Que digan o que queira(n).
-
Que queres (quere, queredes) que che (lle, vos...) diga?/Non sei qué che (lle, vos...) diga. Expresa dúbida á hora de dar unha opinión.
-
Quen o diría/ había de dicir/ía dicir! Quen pensaría tal cousa
-
Quen tal dixo! Expresa sorpresa polo que dixo alguén.
-
Se hei dicir a verdade. Afirmar a verdade do que se vai dicir.
-
Se quere (queres, queredes...) que lle (che, vos...) diga. A dicir verdade.
-
Sen dicir cousa/hoste nin moste. Sen dicir nada.
-
Tanto ten que se lle diga/Tenche que lle digan. Expresa estrañeza ante algo que se oe.
-
Tirou a dicir. Deu a entender.
-
Unha cousa é dicilo e outra facelo/É bo de dicir e malo de facer. Non é tan fácil de facer como parece ao dicilo.
-
Vai /ide/ dicir misa! Déixame/deixádeme en paz.
-
Xa din alí. Xa se di popularmente.
Formas incorrectas
decirPalabras veciñas
Dicionario Geográfico, Histórico y Estadístico de España y sus Posesiones de Ultramar | Dicionario Xeográfico de Galicia | dicionarista | 1 dicir | 2 dicir | Dick Tracy | Dicke, Robert HenryIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles digo
dis
di
dicimos
dicides
din
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dicía
dicías
dicía
diciamos
diciades
dicían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dixen
dixEches
dixo
dixEmos
dixEstes
dixEron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dixEra
dixEras
dixEra
dixeramos
dixerades
dixEran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles direi
dirás
dirá
diremos
diredes
dirán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles diría
dirías
diría
diriamos
diriades
dirían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles diga
digas
diga
digamos
digades
digan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dixEse
dixEses
dixEse
dixesemos
dixesedes
dixEsen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dixEr
dixEres
dixEr
dixErmos
dixErdes
dixEren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
di
-
-
dicide
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dicir
dicires
dicir
dicirmos
dicirdes
diciren
dita
ditos
ditas