2 dicir
(< 1 dicir)
-
s
m
Expresión oral máis ou menos fixada polo uso que expresa un concepto.
Ex: Non sei se é certo, pero é un dicir.
-
s
m
Maneira de falar ou expresarse.
Ex: O dicir dos poetas resulta moi expresivo.
-
s
m
[LIT]
Composición poética cultivada polos autores do XV. Componse dunha serie de coplas de arte menor ou maior, que rematan nunha estrofa máis breve, ligada pola rima á última copla, que recibe o nome de finida, adaptación da voz fiinda da lírica medieval galego-portuguesa. Deriva do sirventés provenzal e ten o seu precedente peninsular na cantiga de mestría galego-portuguesa. Os seus temas habituais eran de carácter didáctico, político ou cortesán e con menos frecuencia, amorosos. Entre os seus cultivadores destacan Francisco Imperial, co seu “Dezir de las siete virtudes”, o Marqués de Santillana, Alfonso Álvarez de Villasandino e Ferrán Sánchez Calavera.