dicotiledóneo -a
dicotiledóneo -a
(< 2 di- + cotiledón)
-
adx
[BOT]
Que ten dous cotiledóns.
-
s
[PLANTA]
-
Planta da clase das dicotiledóneas.
-
pl
Clase da subdivisión das anxiospermas caracterizada por un embrión con dous cotiledóns, a raíz axonomorfa orixinada a partir da radícula, o talo con feixes vasculares abertos e dispostos en anel, e cunha capa de cámbium, o medre secundario na raíz e no talo, as follas pecioladas e de nervadura pinnada ou palmeada, e as flores tipicamente pentámeras ou tetrámeras. Abrangue as subclases das astéridas, cariofílidas, dilénidas, hamamelídidas, lámidas, magnólidas, ranúnculidas e rósidas.
-