dicotiledóneo -a

dicotiledóneo -a

(< 2 di- + cotiledón)

  1. adx [BOT]

    Que ten dous cotiledóns.

  2. s [PLANTA]
    1. Planta da clase das dicotiledóneas.

    2. pl

      Clase da subdivisión das anxiospermas caracterizada por un embrión con dous cotiledóns, a raíz axonomorfa orixinada a partir da radícula, o talo con feixes vasculares abertos e dispostos en anel, e cunha capa de cámbium, o medre secundario na raíz e no talo, as follas pecioladas e de nervadura pinnada ou palmeada, e as flores tipicamente pentámeras ou tetrámeras. Abrangue as subclases das astéridas, cariofílidas, dilénidas, hamamelídidas, lámidas, magnólidas, ranúnculidas e rósidas.

Palabras veciñas

dicoreo | Dicorynia | dicótico -ca | dicotiledóneo -a | dicótilo -la | dicotipia | dicotomía