Ditamen, El

Ditamen, El

Semanario editado en Pontevedra a partir de decembro de 1872. Dirixido por Emilio Álvarez Giménez Servía, denominouse “Periódico órgano del Partido Constitucional”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos do Hospicio. Dividíase nas seccións “Sección oficial”, “Lecturas de prensa internacional y nacional”, “Gacetillas”, “Anuncios” e “Última hora”. Trátase dunha publicación achegada á monarquía e á Constitución e contraria a ideoloxías de carácter radical.