Diéguez Vázquez, Lois
Escritor. Enxeñeiro técnico topográfico, fundou e foi secretario e voceiro da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG). Foi candidato do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) ao Parlamento español nas eleccións de 1977 e 1979, e deputado no primeiro Parlamento de Galicia polo Bloque Nacionalista Galego (BNG). Membro do consello directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), colaborador das revistas A Nosa Terra, Irmandade, Atenea, Mocidade ou Tempos Novos e de diversos medios de comunicación, a súa obra literaria caracterízase pola carga de denuncia social e política. Publicou os poemarios Albre de espranza (1966), Canciós pra un agromar branco e azul (1968), que se incorporou en parte ao repertorio do grupo Voces Ceibes, O ferro dos días (1982); as novelas A torre de Babel (1968), Galou Z-28 (Premio da Casa de Galicia de Bilbao, 1975), A canción do vagamundo (Premio Blanco Amor, 1986) e Henriqueta na galería (1997); os libros de relatos O tempo sen saída (1972), Monólogos no espello (1993) e Tres sombras góticas e unha rosa (1995); e, no campo da literatura infantil e xuvenil, Artusa (1989).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Monforte de Lemos