Diels, Otto Paul Hermann

Diels, Otto Paul Hermann

Químico e catedrático da Universidade de Berlín e de Kiel. Xunto con K. Alder, levou a cabo a síntese diénica, coñecida como reacción de Diels-Alder, que permite a fabricación de diversos produtos como o alcanfor, a vitamina D, o caucho e outras substancias utilizables. Por este descubrimento recibiron o Premio Nobel de Química en 1950. Anteriormente, descubriu o subóxido de carbono (C3O2), investigou a estrutura dos esterois e foi o primeiro en empregar o selenio para a deshidroxenación de produtos naturais.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Hamburgo

  • Deceso

    Lugar : Kiel