dieno

dieno

(< 2 di- +-eno)

s m [QUÍM]

Hidrocarburo que contén dous dobres enlaces; estes poden estar alternados (dieno conxugado), contiguos (aleno), ou illados. As propiedades dun dieno cos dobres enlaces illados son similares ás dun alqueno simple. Pola contra, o dieno conxugado, ademais de presentar as reaccións usuais dos alquenos, presenta reaccións novas que o caracterizan, como a síntese diénica de Diels e Alder, ou a adición de compostos organometálicos en posición 1,4. Os alenos non son tan estables coma os dienos conxugados.