difuso -sa
(< lat diffūsu, p p dediffundĕre)
-
adx
-
Que é moi extenso e pouco preciso.
Ex: As súas respostas son demasiado difusas, non di claramente o que pensa.
-
Aplícase á persoa ou ao estilo que é pouco conciso ou claro.
Ex: Non me gusta o estilo dese escritor, é demasiado difuso.
-
-
adx
[LING]
Aplícase aos fonemas que presentan a característica acústica de agrupar os formantes fundamentais nos extremos do seu espectro acústico, ao contrario dos fonemas densos que se sitúan no centro. As frecuencias do resoador bucal (segundo formante) son moito máis elevadas cás do resoador farínxeo (primeiro formante). Son difusas as consoantes labiais e dentais e as vocais pechadas, por oposición ás consoantes velares e palatais e ás vocais abertas, que son densas.
-
adx
[FÍS]
Aplícase á luz que se estende nun ángulo moi amplo a partir do foco emisor.