dignitónimo

dignitónimo

(< lat dignitāte +-ónimo)

s m [LING/ONOM]

Antropónimo engadido ao nome dun monarca, emperador ou doutro gobernante co fin de enxalzar o seu estatus ou para salientar unha proeza ou característica súa. As máis das veces constitúe un tipo de alcume.

Ex: Ricardo Corazón de León (atributo asignado pola súa bravura), Filipe o Fermoso (pola súa beleza), Alexandre o Grande (polo seu poderío), Afonso X o Sabio (polo seu apoio á cultura), Enrique I o Navegante (polo seu fomento da navegación oceánica), Enrique II o das Mercés (polos dons que lles concedeu ós seus fieis ao subir ao trono), Pedro Madruga (polo seu costume de erguerse cedo).

Citas

  • Ricardo Corazón de León (atributo asignado pola súa bravura), Filipe o Fermoso (pola súa beleza), Alexandre o Grande (polo seu poderío), Afonso X o Sabio (polo seu apoio á cultura), Enrique I o Navegante (polo seu fomento da navegación oceánica), Enrique II o das Mercés (polos dons que lles concedeu aos seus fieis ao subir ao trono), Pedro Madruga (polo seu costume de erguerse cedo).

Palabras veciñas

dignificación | dignificar | dignitario -ria | dignitónimo | digno -na | Digno/Digna | dígrafo