digno -na

digno -na

(< lat dignu)

  1. adx

    Que é merecedor daquilo que se expresa.

    Ex: A súa tese sobre Álvaro Cunqueiro é digna dun premio.

  2. adx

    Que concorda co mérito e condición de alguén ou algo.

    Ex: Os seus contos son dignos de García Marquez. Nunca pensei que farías isto, non é digno de ti.

  3. adx
    1. Que merece o respecto e a estimación dos demais polas súas calidades e o seu comportamento.

      Ex: Aínda que vaia mal vestida, é unha persoa moi digna.

    2. Que ten respecto por si mesmo e non tolera ser ofendido.

      Ex: El é moi digno e non aguantou que lle falasen así.

    3. Que é característico da persoa digna.

      Ex: O pai explicou cun ton moi digno que quedara arruinado.

  4. adx

    Que é aceptable.

    Ex: A súa principal reivindicación é recibir un soldo digno.

Palabras veciñas

dignificar | dignitario -ria | dignitónimo | digno -na | Digno/Digna | dígrafo | digrama