dilación

dilación

(

  1. s f

    Acción e efecto de dilatar ou aprazar unha cousa.

    Ex: Na empresa necesitan o teu informe para mañá sen máis dilación.

    Sinónimos: atraso.
  2. s f [LING]

    Clase de asimilación pola que un fonema exerce a súa influencia articulatoria e acústica sobre outro que non lle é contiguo (lat DĪRĒCTU > dereito, cando o resultado esperable sería direito). A metafonía é un caso particular de dilación, debida á influencia de vogal final (lat ĬLLA > [e]la > [ε]la).

Palabras veciñas

dilaceración | dilacerante | dilacerar | dilación | dilapidación | dilapidador -ra | dilapidar